ROMARÍA A BREAMO

ROMARÍA A BREAMO

 O Colectivo Terra é a entidade encargada de organizar a Romaría a Breamo deste 29 de setembro. O recadado destinarémolo de xeito íntegro a sufragalos gastos de organización do Festival Treme a Terra, que celebraremos na vila o 8 de decembro, un evento gratuito que suma con esta 19 edicións e que xunta a centos de persoas lonxe das datas do verán, repletas de oferta cultural e musical. 

Para esta Romaría a Breamo contaremos coa actuación do dúo Eva e Camilo, que amenizarán a verbena á hora do vermú e logo nun segundo pase a partires das 19:00h. Ás 17:00h será a quenda de Circus Magnificus, quenes farán que as crianzas, e as que non o son tanto, desfruten dun espectáculo con risas aseguradas. Clown, malabares e interacción a pé de escenario para todos os públicos. E xa para cando as máis rezagadas cheguen ao campo da festa, bailaremos na sesión do picadiscos Manu M, que estará connosco até que o corpo aguante.

MOITA ATENCIÓN! Desta volta haberá algunha novidade importante con respecto ao acceso en coche ata a zona da capela. Por motivos de seguridade, o tráfico para particulares estará cortado dende o cruce co ramal que baixa a Sambollo. Non podemos permitir que se repitan escenas do pasado onde os vehículos de emerxencias tinhan auténticos problemas para pasar entre os coches, que estacionaban sen ningún control a ambos marxes da estrada. Polo tanto só poderán acceder en coche até a zona de arriba, onde remata a estrada, as persoas con mobilidade reducida e os vehículos de servizo público. Como excepción, a xente que a primeira hora da manhá precise descargar enseres no campo da festa poderá facelo até as 11:00 horas. Polos inconvintes que esta medida poida causar, e tamén para que desfrutes con tranquilidade da festa sen ter que coller o coche, habilitaremos autobuses lanzadeira dende a parada de Pontedeume, que farán o traxecto de ida e volta nos seguintes horarios de subida:11:30h, 12:00h, 14:00h, 17:00h. E as baixadas ás 11:45h, 12:15h, 14:15h e 17:15h. O lugar de encontro para as baixadas será o miradoiro.

Rogámosche que na subida á romaría recollas o teu lixo e o deposites nos colectores que atoparás á entrada do campo da festa. Por favor, mantenhamos o monte limpo. Sentidinho.

Compartir:



ROMARÍA A BREAMO